Puntuación: 2.5/5 (49 votos)
Lugrís Freíre é quizais un dos nosos autores menos estudados, a pesar de ter publicado 5 libros de poemas, 6 obras de teatro, unha novela curta, un libro de contos, unha Gramática e numerosos artígos en diversas revistas de Galicia e da Habana.
Poida que a súa obra quedara marcada polas primeiras consideracións e investigacións que dela se teñen feito, que, ao meu entender, non deixan de ser algo prexuizosas, e nas que aparecía valorado como un autor menor e continuador dos autores do século XIX, sobre todo na poesía. No entanto, cremos que, feíta unha análise da súa obra e da súa vida, debemos salientar a súa figura, como a dun home profundamente comprometido coa causa galeguista,como un claro precursor, dos homes das Irmandades e de Nós, no atinente aos temas e á súa implicación literaria, política e persoal no proceso de construción nacional.
Non debemos esquecer que, sen ter unha formación universitaria nin profesio- nal relacionadas coas letras, soubo implicarse, desde os seus primeiros escritos, co idioma,coa defensa das tradicións culturais,coa defensa dos valores da terra, coa defensa e valorización dos autores que o precederon. Foi tamén firme anímador de múltiples actividades e empresas culturais, da implicación do pobo galego cos homes e mulleres que defendían a causa galeguista, na que cría con fe e animosidade, e á que alentaba a participar á mocidade galega. Deu constantes mostras da necesidade que tiña Galicia de implicarse, por métodos democráticos, na súa propia redención e liberación, que eran os únicos válidos para a construción dunha humanídade máis xusta e solidaria. E así o fixo até o final dos seus días. Tamén o deberon pensar e recoñecer así os coetáneos, pois o público lector de galego e os seus correlixíonaríos tiveron unha moi boa valoración do traballo feito polo autor de Sada e así 110 manifestaron en diversos escritos e actos de homenaxe que se lle tributaron.
[Fragmento do Limiar]