Puntuación: 2.3/5 (121 votos)
A Fundación Xosé Neira Vilas patrocina o concurso bienal de teatro ESTORNELA. Estamos ante a terceira edición, correspondente ó ano 2004. Fallouse recentemente, e o resultado foi un premio compartido entre tres autores: Xosé Agrelo Hermo, por "O ENSAIO"; Ana María Galego Gen, por " O PORCO QUE PERDERA A CABEZA", e Francisco Peleteiro Román, creador de "XOGUETES". Tres obras de diferente factura que teñen en común calidade literaria, bo enfoque escénico, gracia, xogo, fantasía, mensaxe solidaria, proxección social e amenidade, e axéitanse moi ben todas tres para ser representadas por e para nenos pequenos. Tal é a conclusión do xurado (integrado por Xosé Neira Vilas, Xoán Andrés Fernández e Valentín García) e así o fixo constar Luís Reimóndez, secretario do mesmo e secretario da dita Fundación, na correspondente acta.
O Premio Estornela ten como finalidade estimular a creación teatral destinada a nenos e nenas, e proporcionarlles obras que poidan representar.
Nas mans dos rapaces, o teatro axúdalles na correcta utilización da lingua e no tratamento de temas que Iles atinxen. Ademais sírvelles para superar o medo de actuar en público e edúcaos no traballo en equipo.
Comparte estes mesmos propósitos Ediciós do Castro e por eso dá a coñecer estas tres pezas.
[Limiar do libro]