Puntuación: 1.9/5 (94 votos)
Antoloxía bilíngüe (galés/galego) da poesía galesa contemporánea.
"(...) O corazón desta antoloxía é a xeración mais nova (permitindo que co significado de nova nos refiramos, nos xenerosos termos do mundo literario, aos menores de 45 anos). Son unha xeración de transición. Son suficientemente vellos como para recordar, si non para ter participado na loita da linguaxe cando esta estaba no seu punto álxido. Poden recordar a época na que o mero feito de pensar na autonomía política de Gales parecía un soño imposible. Como cidadáns de Gales irán alcanzando a súa completa madurez, como os poetas dun país, creando unha nova identidade ao espertar da autonomía nun país onde Gales tiña o papel mais importante da súa historia como si dunha rede dentro do ámbito dunha cultura superior anglo- americana se tratara, pero onde as localidades xeográficas nas que o galés sexa a lingua maioritaria serán escasas e estarán moi distantes entre si.
De todos modos, o traballo destes poetas non está confinado ás experiencias específicas galesas. Ningunha cultura saudable entrará en asuntos que non se refiran á súa propia saúde. Polo tanto, igual que tódolos cidadáns do mundo, estes poetas loitan cos mesmos asuntos que o resto nas sociedades occidentais, tamén como individuos, e dan respostas a cuestións universais como as relacións, as perdas, o amor da beleza e a procura do significado."
[Fragmento da Introdución de Grahame Davies]