Con dous cero hai que cerrarse atrás, hostia. Moito taconazo e moita mariconada e remóntannos o partido... ¡Hai que ser burros! Tiña razón Camacho cando lle preguntaron se ían dar espectáculo: Sí, van a salir a jugar vestidos de folclóricas... ¡Je! ¡Que mala hostia tiña! ¡Ai...! O peor vai ser aguantar mañá a Ramil: ¿Qué, Paco? ¿Perdió otra vez el Belén?... mucha figura pero ninguna se mueve, ja, ja, ja... ¡Moi simpático! Calquera día doulle unha mala contestación... moito falar moito falar pero pagar non paga nunca nin un café... ¡E que agora estou no paro! ¿Como non vai estar no paro con esas ideas? ¡A min non me explota ninguén! Así che vai. ¿Que querías? ¿Empezar de director xeral? Moito ten que aprender... as cousas non caen do ceo... sen traballo... sen familia... menos mal que é simpático... ¿Como dixo o outro día? ¡Más vale morir de pie que vivir arrodillado! E despois pensouno mellor e dixo ¡E aínda máis vale vivir acostado con Sharon Stone e morrer acostado con Kim Bassinger! ¡Je, je, je, je!
[Presentación editorial]