Puntuación: 2.5/5 (53 votos)
Os contos de "Os biosbardos" (1962) escribiunos Blanco Amor coa intención de recrear a infancia, ese mundo compartido que todos levamos dentro. Protagonizados por rapaces e narrados desde a proximidade emotiva que fornece a primeira persoa, atopamos nestes relatos unha excepcional comprensión e unha pescuda sincera, sincera, tamén intensa, desa lenda que para cada un de nós vén ser a infancia.
Neste libro absolutamente fóra do común, Eduardo Blanco Amor recrea o mundo de Auria, a súa cidade natal, a través da ollada dos nenos. Da man dun dos grandes mestres da nosa narrativa contemporánea, o lector realiza unha viaxe íntima, ás veces desacougante, a través de oito relatos escritos co engado, a emoción e a eficacia que sempre posúen as evocacións dun mundo perdido, mais que aínda está presente na nosa memoria. Neles a lingua galega acada un novo e sorprendente rexistro, a habelencia do escritor para recrear a fala seduce a imaxinación e sorprende o oído. Nesta edición respéctanse integramente as escollas léxicas e morfolóxicas, os dialectalismos e todas as características lingüísticas propias do galego do autor.
[presentación editorial]