XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2019
Xacobe, un escritor mozo que vive en Barcelona recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. Obrigado a regresar a Eiradona, a vila galega onde naceu, alí vólvese encontrar co seu círculo familiar e cunha nai mancada polo pasado. Baixo a influencia aínda presente da personalidade do finado, Xacobe revive os días da súa infancia e, sobre todo, a relación cun amigo íntimo que axiña ha perder. Aquela primeira experiencia da separación volve agora co afastamento definitivo producido pola morte. Cunha prosa translúcida en que feitos, sensacións e tempo se entrelazan cun ritmo tenaz punteado por unha sensibilidade insólita para os detalles, Gonzalo Hermo narra unha historia de ficción persoal e distinta, ateigada de verdade. Única e, por iso mesmo, universal. No ronsel da obra autobiográfica de André Gide, do Blanco Amor de Os biosbardos e Los miedos.[Presentación editorial]