Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías.
O retrato dun tempo que xa non é. Pero que explica quen somos.
María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha das novelas máis importantes da creación literaria galega do último terzo do século XX e que agora a Editorial Galaxia volve poñer no camiño das lectoras e lectores que tamén gorentan da narrativa da que foi unha das poetas máis importantes que deu a nosa literatura. [Presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
Adiós María
» Escritor/a: Xohana Torres
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2018
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Literaria
» Pax: 232
» ISBN: 978-84-9151-202-8