As orixes biográficas da súa obra inédita
Xosé Neira Vilas comenzou a escribir en 1996 este libro, ata o de agora inédito, que reúne lembranzas, ou o que el denominou “prosas condensadas”, dun tempo esencial para a vida e a formación do escritor. De Gres, a aldea onde naceu, a Cádiz, a cidade na que embarcou aos vinte anos con rumbo a América para comezar unha etapa nova. Coma nunha conversa consigo mesmo, o autor de Memorias dun neno labrego fai un entrañable exercicio de nostalxia para apreixar os lostregueos que alumaron nalgún momento o seu camiño. Lugares, sucesos, personaxes e historias que están na orixe da obra narrativa dun dos grandes escritores galegos do século XX. [Presentación editorial]>/b>