«Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.»Ou si?Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas?Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta… Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal… E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala.Alén dunha simple aventura, "O xogo de Babel" traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante. [Presentación editorial]