Doce cartas a María Victoria Moreno é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala, porque a escritora o soñou bondadoso.
Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comer carapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todosos libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela se escribiron e, logo do mergullo nesa
lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura.
Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamente acontecidos, o libro achéganos –cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos– á vida auténtica e ao legado literario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento e de adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 e asumiu a súa lingua como propia, contribuíndo co seu traballo incansable á consolidación da literatura e a cultura de noso. presentación editorial]