Nesta orixinal peza teatral o seu autor, escritor e director do Centro Dramático Galego, aséntase nese límite entre a realidade e a ficción, entre o soñado e o vivido, por medio de tres personaxes que coinciden na cantina dunha estación ferroviaria. Temáticas como o amor, a morte ou a liberdade e diferentes etapas temporais entrecrúzanse na obra. O prólogo é autoría de Inma López Silva. [presentación editorial]