Reúnense neste libro os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1963, ano en que aparecen as primeiras colaboracións en galego, e 1971
Cunqueiro desenvolveu unha intensa actividade xornalística no periódico vigués como redactor (1961-64), subdirector (1964-65) e director (1965-70). Textos que preludian a obra do autor de Merlín e familia, non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro o obradoiro do fabulador. [Presentación editorial]