A crise afectou a moitas familias, traendo consigo non só dificultades económicas senón tamén emocionais.
O relato dunha desas quebras e o intento posterior de reconstrución é a cerna da novela coa que Miguel Sande obtivo o Premio García Barros. Narrativa intensa, de impacto, na que non se furta a súa capacidade ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta. Escrita cunha linguaxe franca, dura e directa, tamén con momentos tenros. A candidada dá voz a unha desas familias, para que os seus membros -nai, filla e pai- relaten a súa historia. Ferinte. Impactante. Abrupta. Incorrecta. Algo estoupa para nos conmover e perturbar. [Presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
A candidata
» Escritor/a: Miguel Sande
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2016
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Literaria
» Pax: 136
» ISBN: 978-84-9865-736-4