Esta obra de finais do século XVIII é a máis célebre de Nicolas Chamfort, que nos ofrece aquí unha visión desapaixonada e lúcida da Revolución Francesa e da época que lle tocou vivir. Este agudo, brillante, e por veces, cínico, enciclopedista non deixou de criticar os excesos da Revolución, malia ser partidario dela, e opúxose ferventemente ao Terror, polo que foi encarcerado. Un conxunto de máximas, sentenzas e anécdotas sobre multitude de temas, que aínda hoxe seguen vixentes. [Presentación editorial]