Lémbrome é un álbum de recordos en branco e negro, sepia e a toda cor. Cincocentas postais da memoria dunha xeración que foi aceptablemente feliz no último cuarto de século XX. Ao xeito dos I remeber, de Joe Brainard, e dos Je me souviens, de Georges Peree (e con banda sonora de blues, pero tamén de Pucho Boedo, de Tom Waits ou do Polaco Goyeneche). Lémbrome é un convite a compartir imaxes evocadoras protagonizadas polo Monstro de Guatemala e pola Muller Araña; polas feirantes que fuxían dos grises, cos cestos na cabeza, na manifestación contra o expolio da marisma de Baladaio; por Corto Maltés e polo tenente Blueberry; pola tortilla máis grande do mundo e por Moncho Reboiras.[Contracapa do libro]