No medio do deserto agardamos atopar camelos, serpes, oasise, sobre todo, area, moita area. Mais o que non agardamos atopar é un principiño, un rapaz curioso e preguntón que non dá nada por sentado e sempre quere saber o porque e o como das cousas. Un rapaz que é quen de facer que nos cuestionemos mesmo o máis básico das nosas ideas.É o que teñen as crianzas para eles todo é novo e interesante.
O principiño é a novela máis trducida do francés, contando xa con 273 versións . É apreciada por lectores de diversas culturas polo seu tratamento de temas universais (amor, amizade, vida e morte) e pola súa visión desde a aperspectiva dun cativo, inxénua e simple que, porén, fai que o lector xunto co protagonista, se cuestione as súas nocións máis básicas. [Contracapa do libro]