Millóns de calcetíns desaparecen cada día misteriosamente en todas as casas. Os responsables de que existan tantos calcetíns desemparellados son uns peculiares personaxes: os papacalcetíns.
Este libro explicaravos todo o que sempre quixestes saber sobre o destino de todos eses calcetíns perdidos. Por medio do vello profesor René Melenas e o músico Egon Lourenzo (os únicos humanos que foron quen de observar os papacalcetíns) coñeceremos o mundo secreto destas criaturas, nunha historia chea de suspense e humor. [Presentación editorial]