Nesta obra, continuación da enigmática historia vivida n’A herdanza do marqués, o misterio segue a percorrer Vilacardoso. A chegada dos Cerna non parece casual. Seica é unha ameaza ou a oportunidade para a familia Negro de ter aliados nunha aldea onde segue a estar proscrita?
De novo Xandra terá que preocuparse polos seus, polos vellos inimigos, polas ducias de quilómetros que a separan de Rubén e dunha boa amiga como Zoila e, tamén, por ese Cerna máis novo que vén poñer en cuestión o seu complicado mundo.
E, unha vez máis, o pasado lidando con ese presente tan complicado. [Presentación editorial]