Esta é a biografía do científico galego máis importante do século XIX. Considerado como o pai da química moderna en Galicia, foi o primeiro en sintetizar o cloroformo co que se realizaron as primeiras cirurxías con anestesia no Estado. Conseguiu iluminar a noite santiaguesa ao encender a primera luz eléctrica con arco voltaico que funcionou a nivel estatal. Foi pioneiro na espectroscopia e nas análises de aguas medicinais, que tanto contribuíron ao auxe dos balnearios no século XIX, e descubriu dous novos minerais, a morenosita e a zaratita. Destacou ademais como experto en nutrición e toxicoloxía, realizou notables achegas ao estudo das vides e iniciou as investigacións meteorolóxicas en Galicia. [Presentación editorial]