Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II
As pedras da tribo é unha emocionada homenaxe á nosa cultura milenaria, perdurábel na obra pétrea e sublimada na lingua. Aqueles que ignoran, magoan ou fan de menos os nosos sagros sinais de identidade non merecen ser considerados fillos da Galiza. Ende ben, os bispos son efémeros, as catedrais, eternas.
Este volume continúa o traballo comezado n’O código da vincha, dentro da colección Cerdedo in the Voyager, unha viaxe pola historia e cultura milenarias de Cerdedo. [Presentación editorial]