Tradución para o galego de tres textos políticos do ministro da revolución bolivariana, Farruco Sesto Novás (Vigo 1943). Dos tres textos, Por que son chavista I? (2002) Por que son chavista II? (2009) e As seis bandeiras sobre o outeiro cultural, só o primeiro fora editado en español polo partido Patria Para Todos (PPT); polo tanto, esta edición galega é a primeira completa dos textos políticos de Farruco relativos á transcendencia, ás razóns e ao por que da revolución bolivariana, tan afastada do coñecemento xeral da xente e tan atacada polos medios e polos gobernos liberais.
O libro complétase cun amplo arquivo fotográfico de Farruco nas súas distintas facetas de goberno, desde a súa primeira xuramentación ante Chávez como ministro do Poder Popular para a Cultura, até o día de hoxe como ministro para a Reconstrución de Caracas. [Presentación editorial]