Cando a realidade é un mapa incomprensible e absurdo e o pobo dá voltas ao seu arredor sen comprender nin comprenderse, fan falta uns anteollos especiais para observala e unha nova linguaxe para contala.
Unha linguaxe que estea á altura, coma estas "retrónicas", enxeños verbais que xorden de espremerlle á realidade o seu zume, homeopáticas pilulas de lucidez indicadas para espertar do sono ou saír do labirinto.[Lapela do libro]