Esta obra formada por un libro e dous CD’s ofrece unha revisión actualizada da Historia da Música en Galicia desde unha perspectiva pedagóxica. O lector ten a posibilidade de se achegar cronoloxicamente á música feita en Galicia desde a prehistoria até os nosos días a través de:
440 páxinas
27 cadros e esquemas explicativos
Máis de 150 fotografías
2 CD’s
27 temas musicais, dous deles inéditos
Máis de dúas horas de música
A autora avoga por un enfoque de reconstrución histórica obxectiva a través de seis capítulos con apoio visual e didáctico.
O libro contén ademais 2 CD’s que acompañan o lector no seu percorrido sonoro pola historia. Un total de 27 temas musicais, entre os que se atopan dous inéditos: unha gravación de Andrés Gaos ao piano e unha peza da Real Filharmonía de Galicia. [Presentación editorial]