Artigos en língua galega. Prensa e revistas 1930-1980
Este primeiro volume da obra de Álvaro Cunqueiro como articulista en língua galega abrangue desde as súas colaboracións en A NOSA TERRA e NÓS, e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados no xornal EL PUEBLO GALLEGO, ata os publicados na posguerra en revistas coma NORDÉS e GRIAL. "O mundo que teño de meu" achéganos dun outro xeito, ás veces mesmo íntimo e confesional, ao seu mundo literario máis auténtico. [Presentación editorial]