Tratase dunha obra inédita que ve a luz en galego, antes que en calquera outra lingoa, por expreso desexo do autor, que elixiu a colección Musa pedestris, de Trifolium, para a súa publicación.
No ensaio, o autor descifra as constantes e diversas interrogacións sobre o valor xerminal que poida ter para o pensamento, en particular para o pensamento poético, o feito de que o primate empeñouse en ser home e, a partir de certo momento, o determinante maior da súa humanidade non foi outro que a aparición na súa vida da lingoaxe. [Presentación editorial]