Todo significa todo, todo significa nada. A hipérbole constante na que nos movemos transfórmanos en lívidas imaxes rotulando os días perdidos despois do tempo. Son parábolas amorfas que guían eses segmentos paralelos que só se atopan no infindo, tácitas rectas que se cruzan e fican enlazadas na eternidade tatuando as sensacións coas que convivimos após da tormenta. Perdemos a empatía, gañamos o futuro incerto. Só sobrevive ese ápice de inconsciencia atado ás bágoas da traizón, aquela que é capaz de sementar a dúbida nos segundos que tocamos con cada bico, con cada aperta,con cada gramo de amor. Ninguén sabe, ninguén responde, só as palabras retumban nos nosos ouvidos como cans na despedida do día, como brasas que nunca se despiden.
[Presentación editorial]