Tratase dunha obra inédita que ve a luz en galego, antes que en calquera outra lingoa, por expreso desexo do autor, que elixiu a colección Musa pedestris, de Trifolium, para a súa publicación.
O ensaio, relativo á obra de creación de e verbo do Camiño de Santiago, toca aspectos formais e iconográficos ligados, uns e outros, á arquitectura, á escultura, á pintura e á escrita en función estética. Ocúpase de presenzas que o autor entende xacobeas e que só
excepcionalmente son consideradas como tal, partindo de razoables sospeitas que lle proporciona a sensibilidade ante determinadas formas artísticas, incluídas as literarias, e de certos textos historificadores. Tamén, dende a extrañeza motivada polo baleirado de consideracións (consideracións que, polo menos puidesen ser interrogativas) relacionables con tempos que, por exprésalo dalgún xeito, considera o autor previos á “institucionalización” do Camiño. [Presentación editorial]