Puntuación: 2.0/5 (36 votos)
A partir de 8 anos.
Este libro está baseado na obra do mesmo título da compañía Talía Teatro
Esta obra conta a historia de Máximo Toxo, un escritor de gran talento, aínda que descoñecido, que vive pechado na súa casa na procura da obra perfecta, libro polo que será recordado eternamente e que lle permitirá tamén pagar as súas débedas.
É un antipático ao que lle dá alerxia a xente. Un ogro que nunca quere saír da casa. A outra protagonista desta historia é Belinda, unha muller alegre e chea de vitalidade que traballa de carteira.
Unha comedia infantil e acrobática chea de saltos, golpes, viravoltas, berros, parvadas e trangalladas, que nos di que a soidade é unha cousa moi mala.
[Presentación editorial]