Un libro de contos para ler a calquera hora. Tamén para ir durmir. Un libro de libros.
Hai contos que se contan para ir durmir pero, sobre todo, para ir soñar. Historias que veñen cheas de aventuras, de personaxes inesquecibles, de paisaxes, nunca mellor dito, de ensoño. Neste libro, Roi Méndez sorpréndenos cun mollo de historias que, ao xeito das vellas fábulas, van deixarnos a mente contenta e o corazón preparado para recibir máis e máis contos… ata que nos dea o sono… [Presentación editorial]