Para un achegamento de primeira man á figura multifacética de Paz-Andrade.
Con selección de textos e edición a cargo de Xan Carballa, esta Antoloxía recolle o labor de Valentín Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaísta.
Inclúe o texto íntegro de Pranto matricial, o seu poemario máis coñecido; ademais dunha biografía sintética e unha introdución á obra literaria. [Presentación editorial]