Obra gañadora do VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2010, modalidade adultos).
Pedra sobre pedra sitúase no momento da construción do Pórtico da Gloria, co Mestre Mateu «afanado en protexer a evolución e remate» da súa grande obra que, malia todos os atrancos, chegou aos nosos días como unha das máis impresionantes mostras escultóricas do Románico europeo. Como explica o autor, a obra conta «a historia dunha infamia frecuente: a vivida polos que sofren o espolio das súas ideas, dos seus proxectos, dos seus soños... con total impunidade». [Presentación editorial]