Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 é produto de case catro anos de vida, pero escrito en menos de seis meses. Supoño que no meu interior había unha necesidade de expresarme, de expresar non só eses catro anos, senón o 37 case 38 que xa teño, e de aí viña esa urxencia. E por iso o título do libro é un pouco esa busca de contradición entre as palabras, entre as sensacións, e de que todo forma parte da vida, tanto o amor como o sufrimento, como a morte, como o desexo, ...o libro divídese en tres partes, só 2 poemas ao principio escritos no ano 92, un longo silencio ata o ano 95, e vou intentar explicar o que houbo neses espazos de silencio..." Lois Pereiro no pub MOKA (31-1-1996) [Contracapa do libro]