Unha biografía de Xesús Canabal. 1897-1985
A través da biografía de Xesús Canabal Fuentes (Amenal, 1897-Montevideo, 1985), Manuel Losa relata tamén a historia da comunidade galega de Montevideo. A vida de Canabal, que emigrou en 1910 a América, estivo marcada pola súa actividade como empresario da industria do papel e pola súa estreita relación coas sociedades de emigrantes galegos no Uruguai. Alí presidiu a Casa de Galicia, a Irmandade Galeguista e o Patronato da Cultura Galega. En 1956, foi elixido por unanimidade presidente do I Congreso da Emigración Galega convocado polo Consello de Galiza. [Presentación editorial]