Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a toda a familia. A Comida sempre é unha escusa, desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, os deuses e o Burguer King son implacables co destino dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.