Unha biografía novelada que tamén é un conto longo escrito con esa fina ironía que todo o relativiza á vez que o fai esencial.
Contar o pasado para traelo ao presente é o obxectivo de Carlos Mella en Memorias dun ninguén. Desde a senectude o protagonista percorre o fío do tempo vivido: a Guerra Civil vista a través dos ollos dun neno, a mocidade durante o franquismo, a fartura da ilusión e as ambicións logradas... a inanidade final.
O autor de Non somos inocentes volve contemplar os tempos idos porque, fóra dese escenario dá brincos a vida, os actores non somos ninguén. [Presentación editorial]