Puntuación: 1.6/5 (65 votos)
Entrevistas con Dominique Petitfaux
O home que creou a lenda do Corto Maltés converteuse a súa vez nunha lenda. Neste libro, pouco tempo antes da súa morte, explora os misterios da súa vida...
Curiosa mestura de ascendentes franco-ingleses, xudeo-españois e turcos, Hugo Pratt nace veneciano e esperta á vida en Etiopía, onde descobre o fascismo e o amor, e onde tamén aprende a debuxar e a odiar o colonialismo. Con vinte e dous anos embarca para Buenos Aires, cidade na que pasa o tempo entre a banda deseñada, as viaxes e as extravagancias mundanas. Debuxou preto de nove mil pranchas, desde As de picas a Corto Maltés, personaxe no que tamén se inspirou para escribir a novela Corto Maltés. Balada do mar salgado. Na busca de aventuras, dá varias veces a volta ao mundo. A outra viaxe é interior. Experto na Cábala, iniciado no vodú, descubridor do alleo en seis ou sete linguas aprendidas e faladas e trinta mil libros coleccionados, Hugo Pratt é o misterioso veneciano a quen imos atopar neste libro a carón das súas irmás negras, as súas curmás indias, as súas mulleres, os seus personaxes, os seus amigos e a morte...
[Presentación editorial]