Emilio Pérez Touriño debulla nesta longa conversa con Manuel Lombao as claves do seu proxecto político para Galicia en asuntos tan decisivos como as infraestruturas, a ordenación territorial, a reforma estatutaria, a educación ou a lingua. E xunto ao político que dirixe o rumbo do país desde a presidencia da Xunta de Galicia, comparece tamén neste libro un Pérez Touriño apenas coñecido polo público, que nos fala das súas orixes familiares, da súa adolescencia, das súas experiencias militantes e da súa vida académica, así como das circunstancias e motivos que o levaron a renovar o socialismo galego e a liderar o proceso que conduciría á formación do primeiro goberno de esquerdas da historia de Galicia. [Presentación editorial]