Rafa Villar (Cee, 1968) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC e dende o ano 1995 traballa no Departamento de Normalización Lingüística da CIG. Promotor xunto con outros poetas do Batallón Literario da Costa da Morte e da colección de poesía Letras de Cal, nos últimos anos participou activamente no movemento social Nunca Máis, do que foi un dos seus voceiros públicos. Como poeta está en posesión, entre outros, dos premios Fermín Bouza Brey, Cómaros Verdes, Concello de Carral e Eusebio Lorenzo Baleirón.
Coa presente obra, Migracións, obtivo o XXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense.
[Presentación editorial]