Publicada en colaboración coa Consellería de Presidencia (Xunta de Galicia), a colección Clásicos en galego ofrece ao lector de hoxe a posibilidade de se achegar á literatura clásica a través de traducións rigorosas realizadas e supervisadas polos mellores especialistas. Entre os títulos publicados cómpre salientar os poemas de Catulo, "O cantar de Roldán", o "Satiricón" de Petronio, "Dafnis e Cloe" de Longo ou as "Cartas" de Cicerón. A obra de Sófocles acadou grande difusión sobre todo a partir do século XIX, a través dos autores alemáns Lessing e Schlegel, e sobre todo polas traducións de "Antígona" e "Edipo rei" que realizou o poeta Friedrich Hölderlin. O papel destes autores do romantismo na difusión e valoración do teatro clásico grago foi inestimable para o seu coñecemento. A traxedia de Áiax é a máis antiga das dúas pezas de Sófocles publicadas agora en galego, mentres que Electra pertence ao período de maior madureza no que a técnicas dramáticas se refire. Ámbas as dúas salientan polo maxistral estudio de caracteres, tamén pola representación das máis variadas emocións do temperamento humano que farían de Sófocles un dos mestres do teatro. [presentación editorial]