Puntuación: 1.8/5 (39 votos)
Hai momentos nos que me gusta estar soa, porque só estando soa oio as pingas de auga que deciden o mellor instante para lanzarse desde as nubes e só así podo cheirar o verde do campo...
A protagonista desta historia fala en primeira persoa e vainas contando e guiando polas súas percepcións, os seus sentimentos. Por momentos achéganos a eles e fannos cómplices desa intimidade, desa sensación de liberdade que lle invade ao estar soa e poder facer cousas coma falar coas libélulas, contarlle secretos a lúa, escoitar a música do silencio; sensacións que poderá compartir... cando non estea soa.
Con frecuencia a soidade está asociada a sentimentos negativos. Como concepto, o seu significado é complexo, pois evoca un estado ou situación que provoca emocións e sensacións ás veces encontradas: tristeza, abandono, perda; pero tamén tranquilidade, satisfacción, benestar, creación...
A soidade pode ser considerada un problema cando non a eliximos, non sabemos convivir con ela ou sair dela; pero tamén pode ser unha experiencia necesaria, unha oportunidade para atoparnos con nós mesmos, os nosos pensamentos, os nosos soños...
Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en saña, en cor, en diálogo coa natureza... Nunha orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cun inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e só os fondos posúen cor. Metáforas e sinestesias en texto e imaxe que nos farán afondar en sentiméntos e sensacións. Para un público sen idade.
[Presentación editorial]