Puntuación: 2.1/5 (56 votos)
Era unha vez un pobre leñador que vivía preto dunha gran fraga coa súa dona e os seus fillos: Hánsel e Gretel.
Eran tan pobres que, unha noite, a muller díxolle ao leñador:
-Xa non nos queda nada para comer. Mañá cedo, dálles aos nenos cadanseu anaco de pan e lévaos ao medio da fraga. Prende unha fogueira e déixaos alí.
-Pero, como vou facer iso? -protestou o leñador-.
A aventura de Hánsel e Gretel é unha das obras máis coñecidas dos irmáns Grimm, creadores doutros relatos mundialmente extendidos, como "Os sete cabritos", "O zapateiro e os trasnos", ou "O anano saltareiro", que tamén foron adaptados por KALANDRAKA. Forman parte da tradición oral alemana, da que estes autores foron destacados impulsores e estudosos.
Este relato -traducido a partir da versión orixinal- invita a pensar sobre as penurias que padece a xente sen recursos, pero tamén amosa a maldade de personaxes que, como a madrastra, non dubidan en primar o seu benestar fronte ao de seres indefensos. Fronte a ela, Hánsel e Gretel demostran que as adversidades véncense con astucia e sen perder nunca a esperanza.
No ano do seu 100 Aniversario, KALANDRAKA recupera e renova este título, un dos que inaugurou a colección Os coritos do trasno.
Pablo Auladell ofrece unha colección de imaxes que plasman a inquedanza, o desamparo e a hostiiidade que sofren os nenos, abandoados para que sobrevivan polos seus propios medios no bosque. As ilustracións presentan un mundo ameazante, ande nada é o que parece; mesmo os proxenitores adquiren unha dimensión monstruosa e os corvos da vida axexan cada paso que dan os nenos ata que se enfrontan coa bruxa. Dende o seu clasicismo elegante e panorámico, as ilustracións -realizadas con acrílicos e acuarelas- apuntan a un cerro tipo de fábulas e mitos clásicos; á vez, o seu expresionismo -participado de elementos surrealistas- úneas con estéticas máis contemporáneas.
[Presentación editorial]