Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires en 1954, foi publicado en 1976 por Edicións Castrelos.
A tensión emocional do poemario de Xosé María Álvarez Blázquez abala, en suxestiva figura de contrastes, entre a afirmación do equilibrio e a creba dolorida e grave. A carón da promesa e engaiolamento do amor, a vivencia da plenitude en tempos de infancia e a dor pola perda do estado paradisíaco, flúe tamén a carraxe de significado ético e ideolóxico.
Un dos libros fundamentais do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2008. [Presentación editorial]