Puntuación: 2.3/5 (49 votos)
O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no seu comedor real; e, ao sentar no trono... cravou un alfinete no cu!
-Ai! Ai! Ai! - queixábase, suplicando axuda.
Pero ninguén se atrevía a tocarlle as pousadeiras ao rei.
Desmitificando os costumes e os hábitos de palacio, Raquel Saiz constrúe un texto áxil, sinxelo e divertido, moi apropiado para os máis pequenos; e, con enxeño e gran sentido do humor, amosa a cara máis absurda de persoas de "alta categoría social" que, por cuestións de rango, parecen incapaces de resolver un asunto tan sinxelo como quitarlle ao rei un alfinete... do cu.
As ilustracións de Evelyn Daviddi ofrecen unha simpática sucesión de personaxes, que se van acumulando ao longo dunha historia, reforzando, en escenas sucesivas, o carácter cómico do texto e recreando, con humor e ironía, o absurdo da situación.
[presentación editorial]