“No seu estudio do Porto, no seu obradoiro, nun cuarto que abre a xanela grande para o río, onde comeza a Foz do Douro, traballa sincopadamente Álvaro Siza.
E nese cuarto, despois de sesións de fin de semana de traballo en proxectos en que eu colaboro, tivemos estas conversas, case sempre o domingo pola mañá, como un día solto calquera.
Foron domingos de xaneiro a novembro (do ano 2005),
en que as variacións das estacións puxeron a súa luz e clima particulares. Na mesa longa, ateigada das cousas máis diversas que van deitando as visitas e as xornadas de traballo, un fronte ao outro, fomos falando, axudados do bic que ilustra ideas ou permite deseños de acompañamento.”
Manel Somoza [Presentación editorial]