Puntuación: 2.4/5 (42 votos)
Hai días que Crocodilo está inquedo. Ás veces ten frío, ás veces ten calor , ás veces está moi triste...
O que Ile pasa é que está namorado.
Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é aí onde Crocodilo emprega toda a súa maña, co obxectivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa.
Así, sucédense situacións cheas de humor coas que Crocodilo procura que ámbolos dous se atopen para que Xirafa poida percibir o seu interese por ela. Pero o azar acaba sempre frustrando ese cruce de miradas e sorrisos necesario para que xurda a chispa do amor .
Un libro infantil sobre un sentimento universal, que explica cunha linguaxe sinxela e cercana o torrente de sensacións e emocións que se producen en quen se namora. Tamén destaca por abordar este tema desde un enfoque global e que á vez parte de situacións cotiás. Nunha sociedade onde se procura a integración de razas, culturas, crenzas, e onde son cada vez máis habituais novos tipos de familia, este álbume transmite unha mensaxe fundamental: non é cuestión de altura, peso ou idioma; cando o amor se presenta, todas as barreiras son superables.
Dende o punto de vista estético, o inconfundible estilo de Daniela Kulot atrae a atención do lector cunha obra chea de dozura e colorido.
[Presentación editorial]