Puntuación: 1.9/5 (41 votos)
É sabido que as familias campesiñas, o movemento agrarista e o amplo abano de transformacións económicas e sociopolíticas vencelladas ao fenómeno migratorio son, posiblemente, un dos temas máis estudados e mellor coñecidos polos investigadores da Historia contemporánep de Galicia. As obras dos profesores Ramón Villares, Pilar Cagiao, María Xosé Rodríguez Galdo, Alejandro Vázquez e Xosé Manoel Núñez Seixas, coas que dialoga o autor deste traballo, son referencias obrigadas mesmo nos estudos migratorios de ámbito internacional. 8ótanse en falla, porén, análises territoriais e sociais de microescala que esculquen esa interacción entre os factores estruturais (demográficos, económicos, etc) e culturais que condicionaron a saída dos millóns de europeos que marcharon "facer as Américas" e, tamén, o retorno de moitos deles, o envío de remesas e o seu patrocinio das iniciativas modernizadóras que desenvolveron os parentes e veciños que ficaran nas bisbarras de orixe en Asturias, Irlanda, Italia ou Galicia. Deste xeito, as parroquiás e as familias representativas dos diversos sectores da población rural, dende os labradores abastados e os pequenos comerciantes ata os fogares pobres de caseiros e xornaleiras, convértense nos protagonistas dunha historia microsocial feita cos proxectos de vida desas persoas recuperados nos anacos de memoria dos seus herdeiros e nas cartas e fotos daqueles que estes conservaron. A xenerosidade dunha manchea de persoas de Valga, para compartir a súa memoria familiar co autor deste traballo, deron o froito vizoso dun libro que demostra, outravolta, a capacidade de adaptación de todos os grupos sociais da Galicia rural aos mudantes escenarios económicos e políticos nos que Iles tocou vivir.
[Fragmento da Presentación de José María Bello Maneiro, Alcalde de Valga]