Puntuación: 2.4/5 (60 votos)
O rei Breogán, o deus Lug, célticos supertamaricos, príncipes indíxenas, Tésera do Courel, Torques de Burela, o santuario de Panóoias, Nemetobriga, o monte Medulio, o río Lethes, a fonte do ídolo, saacrificios humanos, cabezas cortadas, guerreiros de pedra, caetras, mercenarios galaicos nos exércitos de Anibal, armas nos ríos, mulleres guerreiras, pedras formosas, procom, Cabeço das Fráguas, Cétigos, Brigantium, Viriato...
Foi Galicia un país celta? No século XIX o celtismo serviu de base para a construción da identidade galega. Progresivamente desprestixiado ao longo do século XX, nos últimos tempos novas liñas de investigación teñen actualizado o seu estudo. Neste libro divulgativo preténdese, desde o rigor e cun estilo claro e accesible, achegar aos lectores todo o que se pode coñecer hoxe en día sobre `a cuestión celta´ en Galicia.
[Contracapa do libro]