Novas Narradoras: Anxos Sumai, Inma López Silva e Rosa Aneiros
Tertulia da Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega. Gravada o xoves 1 de abril de 2004 na Biblioteca do CCG.
Inma López Silva, Anxos Sumai e Rosa Aneiros foron as invitadas á tertulia mensual que organiza a Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. A tertulia , co título común "Novas narradoras" entra no debate sobre a conveniencia ou non desa etiqueta e o que implica sobre literatura feita por mulleres e sobre formas novidosas de narrar. A tertulia estivo conducida pola xornalista e poeta Ana Romaní e tamén interviron, entre outros, Víctor F. Freixanes, Yolanda Castaño, Dolores Vilavedra, Gonzalo Navaza e Lupe Gómez. Unha tertulia na biblioteca da sede do CCG, no Pazo de Raxoi.
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.