Tertulia da Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega. Gravada o xoves, 4 de marzo de 2004 na Biblioteca do CCG
En 1954 o galeguismo interior e o galeguismo
republicano no exilio mobilizan os seus efectivos
para protestar diante das institucións internacionais
pola situación da lingua galega no réxime de Franco. A
acción diríxese fundamentalmente á UNESCO, que daquela
reuníase na cidade de Montevideo e, por primeira vez,
aceptaba a presencia nos seus escanos do réxime
franquista. O profesor Alonso Montero estudiou o tema
no seu último libro
"A batalla de Montevideo", (Xerais, 2003) . Arredor deste capítulo da nosa
historia contemporánea reuníronse historiadores e
especialistas na Tertulia mensual da Sección de
Literatura e Industrias da Edición do Consello da
Cultura Galega. O encontro foi gravado o xoves 4 ás 17:00 horas na Biblioteca do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi.
O debate estivo moderado por Víctor Freixanes, e nel participaron Manuel Bragado, editor, o escritor e profesor Gonzalo Navaza, Dolores Vilavedra, Isaac Díaz Pardo e Luís G. Tosar, entre outros.
Gravación: Adrián Mourelle