O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Con motivo da aparición de Riofero o escritor abriu un espazo web para a novela, onde se pode baixar o primeiro capítulo, escoitar sete temas musicais (gravados polo autor en colaboración con outros artistas como Narf, Johny Rabbs, e The Vitamin B12) ou deixar comentarios no blog.